CHÍCHAROS No noso cachiño de horta plantamos chícharos e zenohiras... a ver se crecen
TRES EN RAIA Na hora de biblioteca que temos os xoves, aparte de ler e mirar libros, tamén facemos xogos de mesa. Esta vez xogamos ó tres en raia pero cunha variante nova pois podemos comer as fichas máis pequenas...
ARROZ CON LEITE Os mércores facemos cociña. Esta vez fixemos arroz con leite. Qué rico!!!!
domingo, 17 de marzo de 2019
MESA DE LUZ
Encántalles traballar con ela.
MESA DE LUZ
A NOSA MESA DE LUZ CAMBIA DE COR E É UNHA MESA DE MADEIRA, COMO UNHA MESA DE CENTRO.
É IDEAL PARA XOGOS SENSORIAIS, DE EXPLORACIÓN, DE OBSERVACIÓN,GRAFOMOTRICIDADE, ETC.
EN FIN, TEN MOITOS USOS IDEAIS PARA TRABALLAR DE MANEIRA LÚDICA OS CONTIDOS DE INFANTIL.
BLOQUESLÓXICOS
Tan importantes para aprender as formas, as cores...para descartar un atributo (forma, cor) e non outro.
E agora tamén temos uns DADOS para aprender xogando cos bloques lóxicos
.
VASOS
Xogamos con eles a pór pallinas segundo o número...pero o que máis nos gusta e facer unha torre.